CCOO Servizos de Galicia somos a Federación que organiza sindicalmente as persoas traballadoras dos seguintes sectores produtivos : comercio, financiero, hostalaría, oficinas e despachos, TIC, ETT, contact-center, xogo, outros servizos administrativos, turismo, seguros e mutuas, multiservizos, enxeñerías e inspección técnica.
E por territorios organizámonos segundo estea o centro de traballo a través dos sindicatos intercomarcais de CCOO.
Secretaría Xeral
É a persoa que ten a representación legal e pública da Federación de Servizos. Actúa baixo acordo colexiado do Consello Federal e a Comisión Executiva, seguindo o principio de dirección colexiada, e ten como misión cohesionar e impulsar as funcións destes órganos. Será escolleita polo congreso.
Comisión Executiva
É o órgano de dirección e xestión federal, no marco das decisións dos órganos de dirección e goberno. Será elixida polo congreso, que determinará o número de persoas que o compoñan e garantirá que o número de mulleres corresponda, como mínimo, ao 50% da súa composición.
Iván Cordeiro Fernández-Noriega
Secretaria Xeral
Rocío González Blanco
Secretaria de Organización
Isabel Fernández Rodríguez
Secretaria de Desenvolvemento Federativo e Sectorial
Juan Zas Candame
Secretario de Acción Sindical
Arturo Cruzado Gómez
Secretario de Finanzas
Ángela Junco Del Río
Secretaria de Igualdade
Ignacio Castro
Secretaria de Comunicación
Jorge Carneiro Penedo
Vogal
Guadalupe Couñago Extremadouro
Vogal
Consello Federal
É o máximo órgano de dirección e representación da Federación de Servizos entre congresos.
Estará formado por:
- Os membros da Executiva.
- A representación da afiliación nas empresas.
- Persoas escollidas nos congresos dos Sindicatos Intercomarcais
