10 de Marzo – Día da Clase Obreira Galega do 2017
·
Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestía da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas.
