Mobilización en Teleperformance: Clamor nas rúas da Coruña contra a deslocalización da atención telefónica de Naturgy
·
O persoal de Teleperformance mobilizouse hoxe nas rúas da Coruña contra a deslocalización do servizo de atención telefónica que a compañía presta para unha das filiais de Naturgy. Entre berros como «Fenosa, escoita, estamos en loita», as traballadoras e traballadores esixiron o mantemento do emprego. A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, participou na manifestación
