Un ano máis, volven os despedimentos a Media Markt Vigo!
·
O Comité de Empresa de Media Markt Vigo, considera necesario manifestar publicamente a súa indignación e rexeitamento polos despedimentos inxustificados na nosa tenda. Unha vez mais a Empresa decide prescindir de persoas traballadoras cualificadas e cunha longa traxectoria na compañía, coa excusa de que non son produtivos. Esta multinacional está a afacerse a que os/as profesionais traballen baixo
