ccooservicios

  • CCOO desmente que en España falte persoal para traballar na Hostalaría, o que faltan son condicións de traballo dignas e mellores salarios

    ·

    Para CCOO Servizos, en España hai suficiente e cualificada man de obra no sector de Hostalaría, as dificultades esgrimidas polas patronais son debidas á precariedade, os baixos salarios e as deficientes condicións laborais (quendas partidas, dificultade conciliación vida laboral e familiar, nin tan sequera un fin de semana de descanso ao mes). Hai moitas persoas

    Read More

  • Convenio comercio vario Coruña: Primeira reunión de patronal e sindicatos no marco do AGA

    ·

    Tras a solicitude da Patronal de Comercio de acudir ao AGA, (Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo) e aceptar todas as centrais sindicais esta mediación, este luns, 27 de marzo, tivo lugar a primeira reunión. A patronal pretende centrar a proposta na parte estritamente económica e sen que se poidan

    Read More

  • Masiva mobilización das persoas traballadoras do comercio vario de Coruña por un convenio digno

    ·

    O sector do comercio vario da provincia da Coruña mobilizuse este domingo, día 26 de marzo. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que a parte empresarial pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». Ler máis As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT convocaron

    Read More

  • CCOO mobilízase en Primark

    ·

    Hoxe, 1 de marzo, ante o inmobilismo e falta de vontade negociadora da empresa, o persoal de Primark mobilizouse de 12:00 a 13:00 en Marineda (Coruña), xunto a múltiples tendas de todo o estado. En plena negociación do Convenio de Primark e ante a falta de acordos, o sindicato viuse abocado a elevar o nivel de

    Read More

  • Froiz despide por enfermar

    ·

    Beatriz levaba traballando varios anos como charcuteira de Froiz en Brión, cortando friame de xeito continuado durante moitas horas todos os días de luns a sábado. Seguramente vos terá  atendido a moitas/os de vós.  Beatriz enfermou. Despois de anos de repetir o mesmo movemento o seu ombro non puido máis e os médicos prescribiron unha

    Read More

  • Acordo histórico en Inditex: a igual traballo, igual salario

    ·

    CCOO, como sindicato maioritario no Grupo Inditex, alcanzou un acordo histórico que homologa salariamente todas as marcas e territorios, en retribucións fixas e variables, concretando salarios fixos garantidos de entre 18 000 e 24 500 euros, a través dun complemento que se revalorizará no futuro baseándose no IPC. Ademais, conseguíronse avances de moito calado en condicións sociais

    Read More

  • Parálise no convenio comercio vario de A Coruña

    ·

    Desde CCOO indicamos na mesa de negociación á patronal e resto de sindicatos que era imprescindible axilizar as reunións, e de ser necesario, celebrar unha semanalmente co fin de avanzar na negociación e tentar conseguir un acordo antes de finalizar o ano. En decembro 2022, tivemos reunións os días 12, 16 e 22. En xaneiro 2023, os días 3 e 19. E

    Read More

  • Asinado o convenio de Comercio Metal da provincia de Pontevedra 2020-2024

    ·

    Despois dun longo período de negociacións acompañadas de numerosas mobilizacións e folgas, este mércores logrouse a sinatura do convenio de Comercio Metal da provincia de Pontevedra, un dos convenios que ampara a maior número de persoas traballadoras dentro do sector. As negociacións -que comezaron o 8 de xuño de 2021- permitíronnos alcanzar un acordo coas

    Read More