Neste 2026, cúmprense tres décadas dende que a Lei de Prevención de Riscos Laborais entrou en vigor en España. Aínda que logrou reducir os accidentes mortais nos seus inicios, a realidade do traballo cambiou. A dixitalización, o cambio climático e o envellecemento da poboación esixen que a lei se adapte ao século XXI.
O desafío das enfermidades invisibilizadas
Hoxe, o maior perigo non son só os accidentes traumáticos, senón as enfermidades provocadas polo traballo que quedan ocultas. A falta de recoñecemento destas patoloxías impide unha prevención real e prexudica as prestacións das persoas afectadas.
Cancro laboral: Unha realidade silenciada
As cifras son alarmantes. Estímase que o cancro laboral provoca a morte de 8.700 homes e 850 mulleres cada ano en España pola exposición a axentes canceríxenos.
- En 2025 só se comunicaron 119 partes de enfermidade profesional por esta causa.
- É urxente crear un rexistro de empresas con risco de exposición e actualizar a listaxe de enfermidades profesionais.
A saúde mental: A pandemia silenciosa do traballo
Os problemas de saúde mental convertéronse nunha prioridade absoluta. En 2024 rexistráronse máis de 670.000 baixas por trastornos mentais, un incremento do 136% respecto a 2016.
- Causas: Cargas de traballo excesivas, falta de control e dificultade para conciliar.
- O problema: Case ningunha destas baixas se recoñece como continxencia profesional.
Exixencias de CCOO e UGT para o 2026
As organizacións sindicais solicitamos aos grupos parlamentarios responsabilidade fronte a esta situación de alarma:
- Actualización da Lei: Iniciar a tramitación para adecuar a prevención ás novas realidades.
- Protección de riscos psicosociais: Mellorar a regulación para evitar o estrés e a ansiedade laboral.
- Vixilancia da saúde: Mellorar a identificación de riscos nas empresas e evitar que as mutuas deriven enfermidades profesionais ao sistema público como “comúns”.
My Images






