¿Queres resolver as túas dúbidas e cuestións legais no ámbito laboral?
CCOO Servizos Galicia aposta por prestar un servizo áxil e útil para os traballadores e as traballadoras, evitando tempos de espera e atopando solucións aos problemas sen ter que pasar moitos filtros, da forma máis rápida e eficiente posible.
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia pon á túa disposición os servizos xurídicos de CCOO, especializados nos problemas do teu sector. Estes servizos encárganse de asesorar a traballadores/as e a representantes dos traballadores sobre liquidacións, contratos, dereitos de conciliación persoal, familiar e laboral, negociación colectiva e todo tipo de materias relacionadas coa actividade laboral.
Ante calquera dúbida laboral, ou necesidade de acudir á Inspección de Traballo ou aos tribunais en defensa dos teus dereitos, calquera persoa pode contar coa axuda deste servizo.
.
Asesoría xurídica CCOO Servizos
Edif. Sindicatos, 4º andar – Av. Alfonso Molina s/n
15008 A Coruña
servicios.galicia@servicios.ccoo.es
Teléfonos nas Unións Comarcais
A CORUÑA: 981 145885
LUGO: 982 231975 (Pregunta pola Federación de Servizos)
OURENSE: 988 391727 (Pregunta pola Federación de Servizos)
VIGO: 986 246890 (Pregunta pola Federación de Servizos)
Unha resposta experta aos teus problemas… É importante que saibas:
- Se o despedimento se che comunica de forma verbal, acode de novo á empresa con dúas testemuñas (que non sexan familiares) que dean fe diso.
- Non debes asinar ningún documento ao finalizar o teu contrato de traballo sen o asesoramento previo do sindicato.
- Que para as reclamacións fronte á empresa, dispós dun prazo; infórmate, especialmente en caso de despedimento ou sanción.
- En caso de cambio das condicións laborais (xornada, horario, etc.) sen o teu consentimento, tes un prazo para recorrer a decisión da empresa.
