Portada » Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.

Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.

Hoxe,
vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o
Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de
Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo
Banco Popular Galicia.

Coa
previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades
presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á
executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas
delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas
súas respectivas seccións.

Na
súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer “a xenerosidade e
o esforzo pola confianza depositados na súa persoa” xa que “nos
imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano”.
Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a
través do “contacto directo, cercano e persoal cos nosos
compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan”. Gañar as
eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra
ideal central do seu discurso: “dado o actual momento de
dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e
tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos
electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras
e traballadores”

A
partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo
proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe
salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco
Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de
pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron
afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.